A primeira imaxe é a que conta!! Os cristais da súa vivenda ou o escaparate do seu negocio son a primeira impresión que transmite aos visitantes. O bo mantemento dos mesmos é un factor clave para preservar a súa comunidade ou empresa. En Norlimpo encargámonos da limpeza de todo tipo de superficies e cristaleiras cumprindo a normativa de seguridade establecida por lei.

Se o que necesita é un servizo de limpeza ó rematar unha obra ou reforma, por un cambio de residencia ou simplemente por mantemento, Norlimpo é a súa empresa. Deixe nas mans dos nosos profesionais unha das tarefas máis complicadas e arriscadas.

Contacte connosco, díganos cales son as súas necesidades e estableceremos o mellor plan de traballo que se adapte á situación.

limpeza de cristais
  • limpeza de cristais
  • limpeza de fachadas
  • limpeza de escaparates
  • limpeza de rótulos